Irene Rega

10/09/2024

O libro escrito por Irene Regal Jul titulado “Tecendo redes”, publicado por Editorial Galaxia e que recibiu o Premio Novela Vilar Ponte no ano 2022, será presentado no auditorio da Casa da Cultura do Concello de Cervo, en San Cibrao. Será o día 25 de setembro, mércores, ás 20:00 horas. Ademais da autora do libro, no acto intervirá a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés.  

Irene Rega Jul naceu en San Cibrao (Cervo) en xaneiro de 1996. Estudou o Grao de Educación Primaria na Unversidade de Santiago de Compostela. Desde os 16 anos comezou a participar en escolmas de verso e prosa, en Diversidad Literara e ACEN, gañando algúns concursos.