certame de teatro
O xurado da sexta edición do Certame de Teatro Concello de Lourenzá deu a coñecer os nominados nas distintas categorías de premios. Serán entregados na gala que se celebrará o sábado 21 de decembro ás 20:00 horas no multiusos Ponte de Cuñas, evento no que presentará e actuará o coñecido actor Avelino González.
Para o premio Conde Santo á mellor representación (750 euros e trofeo) os elixidos son: Heroínas cotiás, de Muiñeiras do Vento (Ferrol); O traballo de Andrea, de Ollomao (Barreiros); e As máscaras de Ibáñez. O marqués de Sargadelos que nunca foi, de Avelaíña (Pontevedra)
En canto ao premio Lourenzo ao mellor actor (trofeo): Juan Villarino, de Pico do Castro (Foz); Benito do Condadés, de Ollomao (Barreiros) e Xabier Fernández, de Avelaíña (Pontevedra)
... leer másO Concello de Foz entregará este venres, día 28 de xuño, os premios da terceira edición do certame de teatro afeccionado José Luis López Lorenzo-O Poto ás 20 horas na Casa da Cultura. O evento, que será de acceso gratuíto a todo o público que queira acudir, contará coa presentación e actuación de Ibuprofeno Teatro, neste caso as actrices Marián Bañobre e Isabel Risco cunha adaptación da súa representación da obra O furancho.
“O evento é aberto a todo o público, para acompañar aos premiados desta edición, que contou con gran nivel, por primeira vez con actuacións para nen@s e ademais cun fío condutor histórico nas obras dos grupos adultos”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto. Os premiados coñeceranse na propia cerimonia e o Concello faraos públicos ao finalizar a mesma.
“Queremos agradecer...
leer más