Praza do Souto
A asociación cultural Fervenza de Sargadelos organiza un evento denominado Noiteboa infantil. Será este martes, día 24 de decembro, na Praza do Souto, de Cervo, desde as 18:00 horas.
As actividades empezarán cunha actuación de maxia a cargo de Dani García - Tin (maxia). As 19 horas haberá chocolatada e media hora despois recibirán a visita de Papá Noel. Tamén haberá sorteos de agasallos.
A Praza do Souto será este sábado, 14 de decembro, o escenario do tradicional Mercado de Nadal de Cervo, organizado pola asociación Airiños do Xunto coa colaboración do Concello.
O Concello de Cervo anuncia que “a cita arrincará ás 10 da mañá e prolongarase durante toda unha xornada na que se darán cita diferentes postos de alimentación e artesanía, e haberá moita animación musical e tamén sorteos entre o público asistente. Ademais haberá unha edición especial da Ruta de Petiscos Cervo-Sargadelos xa desde o mediodía, con tapas elaboradas na Sacabeira, na Taberna de Sargadelos, no Almacén e no Caseto de Copa, a un prezo de 2,5 euros. Durante o Mercado tamén está prevista a entrega de premios do certame de postais de Nadal. A convocatoria será ás 19:00 horas e a continuación haberá unha actuación infantil pensada para desfrutar en familia:...
leer másEste domingo, 26 de maio, chega a Cervo a representación da obra “De Vilatriste a Vilalegre”, un espectáculo teatral coproducido polo Centro Dramático Galego e Teatro ó Cubo que está en xira por máis de 100 concellos na celebración do 40º aniversario do CDG. Será ás 12:00 horas na Praza do Souto.
O argumento da obra é o seguinte: “nas aforas de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha brétema misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as habitantes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros intentan compartir o seu achado atopan de fronte a desconfianza e rexeitamento dos veciños.
A morte do alcalde vello e a chegada do novo traen consigo toda unha...
leer más