Hora
O Concello de Burela súmase á Hora do Planeta o 23 de marzo apagando a iluminación do muro de Amarte
O Concello de Burela sumarase este sábado, día 23 de marzo, á iniciativa global A Hora do Planeta, apagando durante unha hora a iluminación do muro de Amarte.
O apagado terá lugar á vez que o de miles de edificios e monumentos de todo o mundo, comezando ás 20:30 do horario da España peninsular. A nivel estatal son xa 391 os municipios que se teñen sumado á iniciativa, que o ano pasado logrou chegar a 500 municipalidades.
Burela foi unha das 100 primeiras de toda España en anunciar a súa adhesión á iniciativa este ano, razón pola cal foi premiada con varias camisetas conmemorativas. Ademais, é un dos 21 concellos galegos en fomar parte da mesma.
A concelleira de Cultura Medioambiental e Ecolóxica, Lina Gómez Pardo, anima á veciñanza "a participar tamén na reivindicación, apagando a luz das...
leer más