Garda Civil

Etiquetas:
22/11/2024

O ciclo de charlas organizado polo Concello de Ribadeo e a Garda Civil para axudar a evitar estafas e contratempos no fogar e por Internet desenvolverase os días 25, 27 e 28 de novembro.

O luns 25 de novembro as charlas terán lugar ás 16:00 horas na Escola de Cinxe a ás 18:00 na Escola de Remourelle.

O mércores 27 de novembro será ás 16:00 horas na Escola Vella de Rinlo e ás 18:00 horas no Centro Social de Ribadeo.

E o xoves 28 de novembro celebraranse ás 16:00 horas na Escola de Cedofeita e ás 18:00 horas na Escola das Anzas.

“Non perdas esta oportunidade para aprender a protexer o teu fogar e a túa seguridade online!”, indica o Concello de Ribadeo.

07/06/2024

O Concello de Ourol, en colaboración coa Garda Civil, vai a levar a cabo unha charla sobre riscos de estafa, roubos nos domicilios, timos e outros problemas de seguridade nas persoas maiores. Está enmarcada dentro do Plan Maior de Seguridade posto en marcha polo Ministerio de Interior dirixido á prevención e mellora da seguridade das persoas maiores. Terá lugar no Edificio Multiusos do Concello o día 13 de xuño, xoves, ás 11:00 horas.

Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais do Concello de Ourol (teléfonos 982.55.91.09 e 677.489.457).

 

18/01/2023

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo organiza unha xornada formativa sobre ciberseguridade, que será impartida por membros da Garda Civil da Comandancia de Lugo. O acto terá lugar o 26 de xaneiro no salón de actos da antiga casa sindical. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explica que “a xornada desenvolverase en dúas sesións. A primeira será ás seis da tarde e estará dirixida e aberta a toda a cidadanía. Na mesma abordaranse os principais ciberataques que sofre ou pode sufrir a poboación en xeral e como evitalos. E xa ás oito a charla terá como destinatario a todo o empresariado. Neste caso a Garda Civil falará dos principais ciberataques empresariais e tamén darán consellos para poder previlos e así evitalos”. 

Para a organización desta actividade Acisa conta coa...

leer más