Produción
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegará ao alumnado de Muras, Mondoñedo, Abadín e O Valadouro á produción de documentais de natureza.
Aproveitando a preprodución do documental “Fillas do Vento”, sobre o cabalo de monte, a equipa técnica da produtora Trespés Filme acudirá aos centros educativos para desenvolver sesións divulgativas nas que o alumnado terá oportunidade de coñecer como é o proceso dun documentario de natureza, que equipas de imaxe e son se utilizan ou como se organiza o traballo, ademais de ver “en bruto” algún material xa gravado. As sesións desenvolveranse do 24 ao 28 de novembro, coincidindo co traballo de preprodución do documental no Xistral.
O programa educativo artellado pola Vicepresidencia da Deputación e a produtora Trespés Filmes permitirá así socializar o desenvolvemento do...
leer más