Inclusión
Cento trece persoas participarán o 30 de decembro na II Marcha Interxeracional San Silvestre, que partirá ás 12 do mediodía da rúa Dionisio Gamallo Fierros e rematará na Praza de España.
Está organizada polo CAPM A Concordia e polas Concellerías de Deportes, Mocidade e Benestar Social, que contan coa colaboración do ximnasio Origen, de Ribadeo.
Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes, agradece a participación das asociacións e colectivos que confirmaron a súa presenza nesta cita. Son: Apned, Asociación Guillem Veiga, Asociación Fraternidad, Fundación Edes, Fundación Apertas, Asociación Saúde Mental A Mariña e Fundación Eu Son.
O edil ribadense anima “a toda a cidadanía de Ribadeo que nos queira acompañar nesta proba pola accesibilidade e pola inclusión a que se acheguen o...
leer másAta o 15 de decembro está aberto o prazo de inscrición na I Marcha Interxeneracional San Silvestre, que organiza o CAMP A Concordia coa colaboración do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.
O percorrido irá dende a Rúa Dionisio Gamallo Fierros ata a Praza de España. Trátase dunha actividade deseñada para todas as persoas incidindo en que a accesibilidade debe estar presente na vida cotiá. Todas poden participar nesta proba, aportando conciencia social, facilitaránselles uns panos que os levarán a poñerse nos zapatos das persoas con capacidades diferentes.
A edil de Benestar Social, Elena Sierra, anima a participar: “desde o Concello facemos unha chamada á participación de nenas e nenos, avoas, avós, con bastón, con muleta, con andador, en cadeira de rodas... é un...
leer másA Deputación de Lugo inaugurou este mércores na Sala Multiusos de Viveiro a mostra sobre a inserción laboral das persoas con discapacidadeCegasal, unha asociación de persoas para as persoas. Esta exposición itinerante, impulsada pola institución provincial en colaboración coa Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro (Cegasal), conta con 24 fotografías realizadas polo fotógrafo coruñés Diego Silva.
O Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, Alcaldesa de Viveiro e tamén Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, e o presidente de Cegasal, José Antonio Vázquez Freire, foron os encargados de inaugurar a mostra.
García Pernas destacou a importancia de iniciativas coma esta que “dean visibilidade e poñan en valor o traballo que levan a cabo as persoas con...
leer más