Natural
Este mes volven as actividades de SetembroXNatural: Baños de Mar e Froitos do Mar.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, adiantou este martes que “un ano máis, Ribadeo contará cunha nova edición de SetembroXNatural, un programa de actividades relacionadas co noso medio ambiente e que van dirixidas a un público familiar”.
A edil ribadense destacou “as actividades incluídas dentro de Baños de Mar e Froitos de Mar, que xiran arredor dalgún dos aproveitamentos más importantes das augas mariñas, que se fixeron no noso municipio. O mar como fonte de saúde e de vida, como xerador de recursos, como fío da nosa historia e como orixe da nosa riqueza. O mar como protagonista e nós como actores responsables”.
Saiz explicou que “Baños de Mar recordará a figura das canouras, pioneiras do noso turismo...
leer másO mar como fonte de saúde e de vida e como xerador de recursos será o protagonista do SetembroXNatural do Concello de Ribadeo.
A concelleira de Turismo, Marta Saiz, declarou que “un ano máis, Ribadeo contará cunha nova edición de SetembroXNatural, un programa de actividades relacionadas coa nosa natureza. Preténdese así darlle ao verán un peche de ouro, ofrecendo actividades formativas e de ocio atractivas para a veciñanza e visitantes. As actividades, que terán lugar ao longo de todo o mes, van dirixidas a un público familiar, e inclúen dende concertos a visitas guiadas, pasando por danza e circo, conferencias, degustacións, etc. Todos estes eventos, cos que esperamos sorprender ao público asistente, serán anunciados nos próximos días”.
Saiz relatou que “entre eles, queremos render nesta edición unha homenaxe ás...
leer másChega a segunda edición de SetembroXNatural, que ten como obxectivo ofrecer un destino vacacional tranquilo e con encanto, no que gozar de diversas propostas en escenarios naturais. A programación foi presentada polo concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, acompañado das edís de Obras e de Cultura, Mónica Freire e Pilar Otero, e pola técnica de Turismo, Begoña García.
O edil ribadense contou que “o Concello de Ribadeo pon en marcha a segunda edición de SetembroXNatural, que ten como obxectivo ofrecer un destino vacacional tranquilo e con encanto, no que gozar de diversas propostas en fermosos entornos naturais como a ría de Ribadeo, a rasa costeira, as praias, etc, a través de distintas iniciativas coas que se pretende desestacionalizar o turismo e favorecer que a tempada alta se alongue”.
Pablo Vizoso explicou...
leer másA Concellaría de Turismo presentou hoxe o proxecto SetembroXNatural. Ten como obxectivo desestacionalizar o turismo en Ribadeo e favorecer que a tempada alta se alongue ata finais do mes de setembro. Inclúe Xeorutas e visitas guiadas pola natureza para potenciar a Senda Azul e o Camiño Natural do Cantábrico así como o Camiño de Santiago.
O concelleiro de Turismo e alcalde en funcións, Pablo Vizoso, anunciou que “dende a Área de Turismo o vindeiro mes poñeremos en marcha o proxecto SetembroXNatural que ten como obxectivo desestacionalizar o turismo no noso concello e favorecer que a tempada alta se alongue máis ata finais do mes de setembro. Queremos seguir a potenciar a vida de Ribadeo e o seu termo municipal como referente turístico con especial fincapé en ofrecer un entorno atractivo e dinámico a aqueles visitantes que deciden optar polo...
leer más