Balneario
No CIM está aberta a inscrición para Viaxar en Igualdade o vindeiro 8 de marzo ao Balneario Termas de Cuntis. A actividade foi presentada pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo.
A edil ribadense contou que “a Concellería de Benestar Social e a Concellería de Igualdade axuntamos esforzos para ofrecer a experiencia Viaxar en Igualdade, unha visita ás termas de Cuntis. Incluirá almorzo, entrada ao balneario, charla informativa sobre os beneficios dos balnearios e comida. Será o 8 de marzo e sairase da estación de autobuses ás 7 menos cuarto da mañá”.
Sanjurjo subliñou que “para apuntarse hai que chamar ao 982.120.808 ou dirixirse ao CIM, no auditorio, antes do 5 de marzo, xa que as prazas son limitadas”.
A Concellaría de Igualdade organiza un ano máis unha viaxe para mulleres a un balneario. Será o 16 de abril. O prazo de inscrición ábrese hoxe.
A concelleira de Igualdade, Mónica Freire, sinalou que “como xa adoita ser habitual nestas datas, desde a Área de Igualdade preparamos unha viaxe que ten como obxectivo potenciar a sororidade e o autocuidado da muller”.
A edil ribadense explica que “neste caso o destino elixido é o Termaria Talaso da Coruña. A viaxe será o domingo 16 de abril, saíndo ás 14:30 horas da Escola de Música e regresando ao redor das 21:00 horas. As mulleres que queiran participar nesta viaxe terán que sufragar a cota por utilización do Talaso, que ascende a 21 euros e inscribirse previamente. O Concello de Ribadeo custea ou autobús no que se desprazará a expedición. O prazo para inscribirse...
leer másA Deputación de Lugo abriu este luns o prazo para solicitar algunha das 1.025 prazas do programa Lugo Termal.Nas primeiras horas moitas das persoas interesadas xa fixeron chegar a súa solicitude a través da páxina web da institución provincial ou nas oficinas do Rexistro Xeral situadas no Pazo de San Marcos.
Nesta 12 edición do programa de termalismo, a institución provincial oferta descontos nos tres establecementos termais da provincia: Termas de Lugo, Río Pambre en Palas de Rei e Hotel Balneario Augas Santas de Pantón. Son un total de 650 prazas na modalidade con estancia e outras 375 na de sen estancia.
A modalidade con estancia contempla seis días e cinco noites en pensión completa e con carácter xeral haberá 15 técnicas termais, agás que por razóns médicas xustificadas se desaconsellen, ehaberá un...
leer másA Deputación de Lugo aprobou, na Xunta de Goberno celebrada este xoves, unha nova edición do programa Lugo Termal, que este ano contará con máis beneficiarios. Tal e como anunciou a voceira socialista do Goberno e Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, como novidade para aumentar o retorno económico do programa no establecementos termais da provincia, poderán gozar dos descontos nos balnearios de Lugo, Pambre e Pantón os maiores de 50 anos, que terán tamén a posibilidade de acudir a estes establecementos cun acompañante que non teña necesariamente esta idade.
“Esta novidade aumentará o beneficio do programa para os balnearios da provincia cando máis o necesitan polo grave impacto das restricións sanitarias provocadas pola crise da Covid-19”, asegurou García Porto, que lembrou que esta é unha das...
leer más