Mariñeira
A delegación de Cultura do Concello de Burela anunciou esta mañá que as obras de remodelación que se están a facer na ponte sobre a rúa Eijo Garay incluirán unha cerámica serigrafiada con motivos relacionados co mar e co municipio.
Realizarase na zona central da obra unha composición con esta cerámica, lucindo nunha ponte “que xa precisaba unha mellora” por levar un tempo “presentando un aspecto bastante desolador”, segundo asegurou o edil de Cultura, Jose Díaz.
Foron moitos os trámites administrativos realizados para poder iniciar esta obra, principalmente o de “conseguir a aceptación de Adif, os propietarios da ponte, xa que consideraban que non estaba o suficientemente deteriorada para acometer ningún tipo de actuación, polo que foi o concello quen se fixo cargo”, explicou Díaz.
Unhas...
leer másNove locais hostaleiros do porto focense organizan, coa colaboración do Centro Comercial Aberto e do Concello, a 1ª Festa Mariñeira que terá lugar do 14 ao 16 de xuño. O evento foi presentado este mediodía con asistencia de varios empresarios, do alcalde en funcións, Javier Castiñeira, e do presidente do CCA/Acia Foz, José Carlos Paleo.
Haberá pregón o venres e música polos bares. O sábado os nenos e nenas desfrutarán de inchables e talleres mariñeiro e de maxia. Esa xornada varios locais terán sesión vermú, que contarán con ambientación musical en directo. E a partires das sete haberá tres concertos, que serán ás sete, ás nove e ás once da noite.
Xa o domingo cinco grupos serán os protagonistas dos Cantos de Taberna, que percorrerán os locais participantes neste evento. Actuarán dúas formacións de Foz e outras...
leer más