Arante
A parroquia ribadense de Arante celebrará as súas festas na honra de San Pedro esta fin de semana, o venres 28 e o sábado 29.
As actividades empezarán o venres con churrascada gratis e verbena amenizada polo grupo América SL.
E o sábado haberá misa solemne ás 13:00 horas seguida de sesión vermú amenizada por Jorge El Latino, que tamén actuará na verbena xunto a Antonio Barros.
A Concellaría de Turismo organiza durante o mes de agosto cinco rutas diferentes para promocionar o patrimonio natural e cultural do concello. A través do patrimonio natural ribadense discorrerán a Ruta dos Pregues, que sairá de Piñeira, e a Ruta dos Ollos e do Percebe, que terá como punto de saída Rinlo. A Ruta dos Pregues realizarase os luns do mes de agosto, e a dos Ollos e do Percebe os martes. E a través do patrimonio cultural de Ribadeo haberá tres rutas, unha por Arante para coñecer as pinturas murais do Santuario das Virtudes, outra pola pegada indiana da vila e a terceira é a que discorrerá polo Ribadeo dos Comerciantes. A ruta pola pegada indiana da comezo mañá, 1 de agosto. As persoas interesadas en participar en calquera destas cinco poden inscribirse xa na oficina de turismo de Ribadeo.
A concelleira de Turismo, Ana Martínez,...
leer más