Bestas

Etiquetas:
13/07/2023

presentouse na área recreativa da Veiga, en Muras, a sexta edición do Trail das Bestas, que se celebrará o vindeiro sábado 15 de xullo e que conta coa colaboración do Concello de Muras a través do Plan Único da Deputación de Lugo.

265 persoas anotáronse para facer a proba, que ofrece catro modalidades de participación: unha maratón de 43 quilómetros, un percorrido de 27 quilómetros, outro de 14 quilómetros e unha andaina, cunha distancia tamén de 14 quilómetros.

O escenario -a Serra do Xistral- é o elemento diferenciador desta carreira de montaña, que é unha referencia no calendario galego. Nesta edición, os percorridos das probas de distancias menores deseñáronse co obxectivo de poñer en valor ese espazo natural emblemático.

A loxística da proba concentrarase na contorna da área...

leer más
Etiquetas:
13/07/2022

Este mediodía presentouse na área recreativa da Veiga, en Muras, a quinta edición do Trail das Bestas, que se celebra o vindeiro domingo 17 de xullo e que conta a escasas horas de pecharse o prazo de inscrición -ao rematar o día de hoxe-  conta con 350 persoas anotadas.

A proba ofrece catro modalidades de participación: 43 Kms,  27Km, 14 km e andaina,  para facer camiñando e cun percorrido tamén de 14 km.  A organización destacou que nesta quinta edición a Serra do Xistral ten maior protagonismo en todos os itinerarios, reforzando a visibilidade deste espazo natural emblemático. Así mesmo, atendendo ás previsións meteorolóxicas, prevese un reforzo dos puntos de avituallamento e a presenza dun equipo sanitario que desenvolverá unha labor preventiva.

Como en anteriores edicións, ponse especial atención na...

leer más
Etiquetas:
31/10/2018

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o Tenente de Alcalde, Mario Rouco, presentou este mércores no Concello de Muraso II Trail das Bestas, que terá lugar o vindeiro 4 de novembro.O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita deportiva cunha achega de 5.000 euros para a organización desta proba, promovendo así o deporte lucense e dando a coñecer diferentes zonas da Provincia.

Rivera Capón remarcou que “esta proba é unha oportunidade excepcional para dar a coñecer lugares únicos como a Serra do Xistral. O percorrido será circular con saída e meta na área recreativa A Veiga, e discorrerá por zonas de especial interese medioambiental preto da Serra e o Río Eume.Trátase dun entorno natural único que se pon en valor a través de probas que gozan de grande interese para os...

leer más
Etiquetas:
29/10/2017

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto ao Alcalde de Muras, Manuel Requeijo, e o Tenente de Alcalde, Mario Rouco presentou no Concello de Muraso I Trail das Bestas, que terá lugar o vindeiro 5 de novembro.O Goberno da Deputación é o principal patrocinador desta cita deportiva cunha achega de 5.000 euros para a organización desta proba, promovendo así o deporte lucense e dando a coñecer diferentes zonas da Provincia.

Rivera Capón remarcou que “a 1º Edición desta proba é unha oportunidade excepcional para dar a coñecer lugares únicos como a Serra do Xistral. O percorrido será circular con saída e meta na área recreativa A Veiga, e discorrerá por zonas de especial interese medioambiental preto da Serra e o Río Eume.Non en vano, compráceme anunciar que xa hai preto de 100 participantes inscritos de toda Galicia”.

... leer más