Cálidas
Nova cita coas Noites Cálidas, que organiza Acisa Ribadeo. A terceira será este xoves, 10 de agosto, xornada na que os 40 locais participantes abrirán as súas portas ata as 22 horas e ofrecerán diferentes descontos e promocións á súa clientela.
Desde a directiva de Acisa amósanse satisfeitos “coa acollida que están a ter as nosas Noites Cálidas, nas que a música axudou moito a ambientar as rúas de Ribadeo nestas tardes de verán. Estamos moi contentos coa resposta dos clientes e do público tanto o 28 de xullo como o pasado xoves, coa xa tradicional Noite Flúor, e agardamos repertir este xoves, 10 de agosto”. Ese día a partir das 21 horas actuarán os grupos The Keng Song na rúa Rodríguez Murias e Nashville na rúa Reinante.
Os locais participantes nas Noites Cálidas de Acisa son: Opticalia Ribadeo, Centro Auditivo...
leer másChegan as Noites Cálidas que organiza Acisa Ribadeo e que se desenvolverán os días 28 de xullo e 3 e 10 de agosto. O obxectivo desta campaña pasa por “potenciar as vendas durante o verán nos establecementos asociados, grazas á creación de eventos musicais que animen á xente a vir a Ribadeo. Tamén haberá actividades para os máis pequenos e as tendas terán un horario especial para atender á súa clientela”.
Son arredor de 40 os comercios participantes que abrirán as súas portas ata as dez da noite “para captar aos clientes que volven da praia ou a aqueles que saen de bares á tardiña. Eses tres días haberá ofertas, descontos e promocións especiais e para ambientar estas Noites Cálidas contaremos con diferentes grupos de música, actividades infantís e coa tradicional noite flúor”, segundo explica David Martínez, presidente da Asociación de...
leer más