Ribadeo
Acisa Ribadeo fai un balance positivo do arranque da campaña do seu Rasca e Gaña, que deu comezo o pasado venres e que se prolongará ata o 23 de xuño. Dende a asociación destacan que se repartirá 15.000 premios valorados en máis de 180.000 euros. E o volume de negocio que xerará estímase que será superior aos dous millóns de euros.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, destacou: “estamos moi contentos de como arrancou a campaña do Rasca e Gaña de Acisa Ribadeo. As primeiras impresións recibidas tanto dos negocios como da clientela son moi boas. A xente está contenta, xa se comezou a entregar algún premio e isto é moi importante”.
E engadiu: “na hostalaría nesta semana ademais temos un dobre aliciente, en 13 dos establecementos participantes no Ribadeo de Tapeo, que organiza o Concello, que son asociados...
leer másSúmate ao Volei, a actividade organizada polo Concello de Ribadeo e a Anpa O Esteo, do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, foi un éxito. Debido á boa acollida prolongarase durante un mes máis, segundo deu a coñecer a concelleira de Ensino, Pilar Otero.
A edil ribadense explicou que “unha vez avaliados os resultados e os obxectivos acadados decidiuse estender a actividade un mes máis, xa que o grao de satisfacción é dificilmente superable”.
Desde a Anpa O Esteo comentaron que “durante os obradoiros que se celebraron, a mocidade participante aprendeu, medrou e desfrutou a través desta disciplina deportiva. Creouse un espazo de lecer saudable, onde destacaron as accións humanizantes e inclusivas nas prácticas deportivas como cohesión e cooperación: valoración positiva do grupo e tolerancia cos erros d@s compañeir@s; e...
leer másOs días 27 e 28 de maio terá lugar o XVII Torneo Internacional de Fútbol de Veteranos Vila de Ribadeo, que organiza a asociación de veteranos do Ribadeo FC. O evento foi presentado no salón de plenos do Pazo de Ibáñez.
Segundo os organizados neste evento daranse cita 68 equipos: 6 portugueses, 1 irlandés, 2 paraguaios, 1 arxentino, 1 brasileiro, 2 franceses (un deles da illa Mayotte, que está no océano Índico) e o resto españois (de Andalucía, Madrid, Castela-León, Cantabria, Asturias e Galicia). Os organizadores estiman que entre todos os equipos desprazarán a Ribadeo a máis de 2.000 persoas.
Na quenda de intervencións o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, sinalou: “desde o Concello de Ribadeo queremos dar, outro ano máis, o noso caloroso recibimento a toda esta xente que fai posible este torneo, tan grande,...
leer másEl día 2 de septiembre, sábado, se celebrará en Ribadeo, concretamente en el Cantón de los Moreno, el primer festival de música underground denominado Xara Fest. Está organizado por 4 jóvenes ribadenses: Alberto González Díaz, Alejandro López Peña, Mario González García y Javier López del Río.
Los organizadores explican: “nuestra motivación, como dice el manifiesto que tenemos en nuestras redes, es ofrecer a los jóvenes de la zona un tipo de ocio muy extendido, pero que lamentablemente no se encuentra ni en A Mariña Lucense ni en el Occidente asturiano, por lo que para poder disfrutar de él debemos ir normalmente a otras ciudades como Santiago o Gijón”.
La organización del Xara Fest destaca que “en este proyecto colaborarán el Concello de Ribadeo, la Comisión de Fiestas de Ribadeo, la Deputación de Lugo y la...
leer másA lenda da música cubana Eliades Ochoa será a estrela musical do Ribadeo Indiano 2023. O concerto será o 9 de xullo ás 20:30 horas no barrio indiano de San Roque. O concerto foi presentado polos concelleiros de Desenvolvemento Local e Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero, e pola presidenta e o xerente de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado e Jesús Pérez.
Pablo Vizoso contou que “nesta oitava edición, a organización considerou necesario contar coa presenza dunha artista de talla internacional e que siga posicionando o Ribadeo Indiano como un referente turístico e cultural de primeira orde en todo o país. E deste xeito Concello de Ribadeo e Acisa decidimos convidar a Eliades Ochoa. É considerado un dos soneros cubanos máis importantes de todos os tempos, é un notable defensor da música tradicional cubana e o mellor guitarrista da súa xeración...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo dedicará tres pezas do seu concerto das Letras Galegas ao compositor galego Rogelio Groba, recentemente falecido. Esta actuación será no Teatro ribadense este sábado, día 13, ás 20:30 horas.
O director da Banda de Ribadeo, David Ballester, explica: “seguindo coa programación da Banda de Música de Ribadeo, dadas as datas ás que nos achegamos, este sábado, día 13 de maio, ás oito e media da tarde no Teatro terá lugar o concerto das Letras Galegas. Nesta actuación a gran maioría das pezas van ser de temática galega ou de compositores galegos e dado que hai pouco, o pasado 31 de decembro, deixounos o mestre Groba queríamos ter un pequeno recoñecemento ao labor que fixo coa música galega, coa música de banda en especial; entón tres das obras que imos tocar son do compositor Groba e dúas delas van ser...
leer másDo 12 de maio ao 23 de xuño Acisa Ribadeo repartirá 15.000 premios nunha nova edición da campaña Rasca e Gaña coa que a asociación pretende fomentar as compras no comercio local e o consumo na hostalería.
A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, subliñou que “presentamos esta campaña, que se vai desenvolver desde este venres, 12 de maio, e ata o 23 de xuño co obxectivo de potenciar as vendas neste período do ano, tras a celebración o dia da nai e previo ás rebaixas de verán. Os premios son moi interesantes e atractivos para a clientela do comercio, da hostalería e dos servizos de Ribadeo. Saír dun bar cun vale para mercar un regalo no comercio de Ribadeo ou ir mercar a unha tenda un agasallo e saír cunha botella de viño para levar para a casa ou cunha cea está moi ben”....
leer más