A Concellería de Cultura do Concello de O Valadouro organiza a tradicional Cabalgata de Reis este xoves, 5 de xaneiro, ás 19:00 horas.
A cabalgata percorrerá as rúas da vila saíndo da esquina do Camiño da Cruz con Avenida de Viveiro. Despois seguirá pola Praza de Santa María e a Avenida da Veiga.
Ao remate terá lugar a ofrenda ao belén vivinte, e posteriormente celebrarase a recepción das súas maxestades de Oriente na Casa da Cultura do Concello de O Valadouro.
Finalizado o programa de actos ofrecerase un chocolate a todos os asistentes.