Os días 20 e 21 de novembro: fin de semana sen IVE e con descontos especiais no comercio de Foz. Tamén haberá actividades para os máis pequenos.

Os días 20 e 21 de novembro: fin de semana sen IVE e con descontos especiais no comercio de Foz. Tamén haberá actividades para os máis pequenos.
 
ACIA/Centro Comercial Aberto de Foz ofrecerá os vindeiros 20 e 21 de novembro descontos especiais no comercio asociado e, ademais, non cobrará o IVE durante eses dous días en 21 comercios da vila. Paralelamente, haberá actividades gratuítas para os máis pequenos durante as dúas xornadas no Centro de Ocio Infantil Oz, das que poderán beneficiares os clientes do Centro Comercial Aberto. O 20 de novembro as tendas abrirán ata as 21:30 horas.
Os dous días sen IVE serán nos comercios: 100P’S Zapatería y Complementos, 5 Lobiños, Alain Afflelou Centro Óptico, Arrullos, A Y N Moda Íntima, Catorce Cero Catro Sneaker Shop, Darlintonia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Home Secret, Lencería Esther, Longarela Moda Hombre y Mujer, Lourdes Lencería y Baño, María Docampo, Saint Tropez, Vagaluz, Vas’s, Xanela e Zapatería Chinela.
Aos días sen IVE súmanselle descontos especiais no conxunto do comercio asociado, ademais dun horario especial que manterá as tendas abertas ata as 21:30 horas o venres, 20 de novembro, e actividades gratuítas para os nenos no Centro de Ocio Infantil Oz. Estas últimas incluirán pintacaras, globoflexia, experimentos químicos con cores, pintura con dedos e alimentos, cama elástica, parque de bolas, wii e xogos populares. O horario para gozar desta proposta infantil é de 17:30 a 21:30 horas o venres e de 11 a 14 horas e de 17 a 20:30 horas o sábado. Para beneficiarse destas actividades haberá que presentar un tícket de compra de calquera comercio asociado ao Centro Comercial Aberto.