O teatro Pastor Díaz acollerá este sábado, día 7 de marzo, ás 20 horas a quinta edición do certame de bandas Cidade de Viveiro. É un evento incluído dentro do programa de actos ADRAL, que organiza a xunta de confrarías da Semana Santa viveirense.
Antes do certame, ás 19 horas, as bandas participantes ofrecerán un pasarrúas polo casco vello de Viveiro. Nesta ocasión o certame terá carácter benéfico, a favor de Cáritas. O público non terá que pagar por entrar no teatro Pastor Díaz, pero cada persoa fará o donativo que considere oportuno.
Participarán as bandas TAU, de Viveiro; Banda Naval de CCTT do Casino de Viveiro; Banda Nuestra Señora de la Misericordia, de Viveiro; Agrupación Musical de la Sagrada Cena, de León; y Banda de CCTT de Veteranos de ACOTAGA, de Ferrol.
Tamén dentro do programa ADRAL o venres 13 ás 20:30 horas na igrexa de San Francisco haberá un concerto a cargo do Coro do Conservatorio de Música de Viveiro e dun coro infantil.