Este venres continúan os actos do Entroido programados polo Concello co pregón a cargo de As Sin Xeito. Éste terá lugar as oito da tarde e a partires das oito e media celebrarase o Concurso de Coplas na Sala Bahía.
Un dos pratos fortes do Entroido focense será o Desfile de Entroido que se celebrará a partires das cinco da tarde do sábado. Neste XXXV Desfile de Entroido repartiranse 7.000 euros en premios e ao remate terá lugar unha chocolatada no Campo da Cabana. A xornada rematará cun Gran Baile ás once da noite na Sala Bahía coas orquestas Cinema e Grupo Tekila e entre unha e unha e media da madrugada entregaranse os premios do Desfile.
O domingo, 7 de febreiro, será o Día Infantil cun Baile a partires das cinco na Sala Bahía co grupo de animación Taravas e hinchables. Ás sete e media entregaranse os premios e ás nove celebrarase o Touporroutou organizado pola Asociación Pomba do Arco.
O luns 8 será o Día do Entroido co Tradicional Baile a partires das once da noite na Sala Bahía no que a música correrá a cargo de Fénix e Disco Móvil Eventec.
O martes, día 9, será o turno para os pequenos co Gran Baile Infantil a partires das cinco da tarde na Sala Bahía amenizado polo grupo de animación Taravas e organizado pola Asociación de Amas de Casa Virxe do Carme.
O programa do Entroido de Foz organizado polo Concello rematará o venres, día 12, coa Queima do Entroido ás dez da noite. A Comitiva Fúnebre sairá do Campo da Cabana e irá ata o Peirao onde haberá a queimada e conxuro.