O pavillón de San Román, en Cervo, acollerá a celebración do Entroido na que haberá desfile, concurso con premios en metálico e baile o 13 de febreiro.

O pavillón de San Román, en Cervo, acollerá a celebración do Entroido na que haberá desfile, concurso con premios en metálico e baile o 13 de febreiro.
 
O pavillón de San Román de Vilaestrofe acollerá a celebración do Entroido, na que haberá desfile, concurso con premios en metálico e baile. Será o día 13 deste mes, sábado, a partir das dez e media da noite. O evento está organizado pola Asociación de Mulleres Rurais As Espalladoras coa colaboración do Concello de Cervo e da Asociación de Montes Veciñais de San Román. Na presentación do cartel e do programa de actividades estiveron Raquel Ferreira, en representación de As Espalladoras, e os concelleiros Plácido Pérez Otero, Pilar Armada Carrete e Dolores García Caramés. 
 
Plácido Pérez Otero explicou que o evento “estará amenizado polo grupo Fénix e haberá premios. Para infantís, en individuais o primeiro serán 50 euros; o segundo, 30 euros; e o terceiro, 20 euros; para parellas o primeiro, 70 euros; o segundo, 40; e o terceiro, 25; e para grupos o primeiro serán 100 euros; o segundo, 60 euros; e o terceiro, 40 euros. En canto a adultos, en individuais o primeiro premio son 50 euros; segundo, 30, e terceiro, 20. Para parellas o primeiro, 70 euros; o segundo, 40 euros; e o terceiro, 25. Para grupos o primeiro premio, 100 euros; segundo, 60; e terceiro, 40. E despois para as comparsas de máis de dez persoas, o primeiro premio será de 120 euros; segundo, 80 euros; e terceiro, 50 euros. Para charangas o primeiro é de 120 euros; o segundo, 80 euros; e terceiro, 50 euros”.
 
A inscrición para participar debe facerse chamando ao teléfono 672.217.155.