O próximo domingo, 18 de outubro, o Grupo de Sendeirismo da ACD Xove desprazarase ata Villanueva de Oscos (Asturias) para facer a Ruta Senda Verde del Agüeira.
Os organizadores explican que “a Ruta, que é circular, con saída e chegada no pobo de Villanueva de Oscos, vai darnos unha preciosa visión da comarca dos Oscos nesta estación outonal, pois toda a masa arbórea desta comarca é de folla caducifolia, que se mostra espectacular nesta parte do ano. Ademais de facer o Ruta, o grupo visitará, distintos puntos de interese natural de Os Oscos, xa que forma parte da Reserva da Biosfera Oscos, Eo e Terras de Burón”.
A programación da xornada é a seguinte:
Hora saída: en bus as 8:00 horas da mañá (Centro Civico de Xove).
Ruta: Senda Verde del Agüeira. (Villanueva de Oscos)
Distancia: 14 km. Dificultade: Media- Baixa.
Comida: Por conta propia.
Cota:
Socios Federados: 12.-€
Socios Seguro Deportivo: 14.-€
Non Socios Federados: 15.-€
Non Socios Seguro Deportivo: 17.-€