O Festival de Entroido, que organiza o Concello de Barreiros, terá lugar o 7 de febreiro. Haberá maxia, desfile e agasallos para todos os participantes.

O Festival de Entroido, que organiza o Concello de Barreiros, terá lugar o 7 de febreiro. Haberá maxia, desfile e agasallos para todos os participantes.
 
O vindeiro 7 de febreiro terá lugar en Barreiros o Festival de Entroido, que organizan a Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude. 
O Festival celebrarase entre as 17:30 e as 20:00 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Alí está programado un espectáculo de maxia a cargo de Chrystyan Magic, destinado a todos os públicos. Haberá tamén desfile de disfraces infantil e xuvenil con premios para individuais, parella e grupo e agasallos para todos os participantes. Na tarde festiva haberá tempo para a festa de animación con bailes e imitacións. A esta cita non faltarán os tradicionais cabezudos.