O embalse de Riocobo, en Cervo, acollerá a 5ª Copa Deputación Provincial de Lugo de Piragüismo este sábado, 1 de agosto.

O embalse de Riocobo, en Cervo, acollerá a 5ª Copa Deputación Provincial de Lugo de Piragüismo este sábado, 1 de agosto.
 
O embalse de Riocobo acollerá este vindeiro sábado, día 1 de agosto, a partir das 10 da mañá a quinta edición da Copa Deputación Provincial de Lugo de piragüismo. Esta proba está organizada polo Club Deportivo San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo.
O evento foi presentado nun acto no que participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares; o concelleiro de Deportes, José Ramón Soto; os responsables da organización, Javier García e Tito Gargallo; e compoñentes da sección de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián.
O concelleiro de Deportes explicou que esta competición “realízase no encoro de Riocobo, entorno natural que recentemente usaba o campión olímpico David Cal para a súa pretempada polas súas inmellorables características para a práctica deste deporte. Está previsto que a competición se desenvolva o sábado 1 de agosto entre as 10 e as 12:30 horas cunha participación de aproximadamente 140 piragüistas da provincia de Lugo”. 
Para obter información complementaria sobre esta proba os interesados poden contactar cos responsables da organización: Javier García (teléfono 619.576.386) e Tito Gargallo (639.044.755).