A Delegación de Igualdade do Concello de Cervo organiza campionatos de tute e de parchís para celebrar o Día da Muller Traballadora. O prazo de inscrición para participar empezou onte, luns, e remata este venres, día 15. Hai que apuntarse por parellas na Casa do Mar de San Ciprián en horario de 09:30 a 14:30 e de 16:00 a 20:00 horas ou chamando ao teléfono 982.87.95.83.
As partidas dos dous campionatos celebraranse durante o vindeiro mes de febreiro na Casa do Mar de San Ciprián e os premios entregaranse durante unha cea, que é unha das actividades que está organizando o Concello de Cervo para conmemorar o Día da Muller Traballadora durante unha xornada na que haberá outros actos e cuxa data está sen decidir polo de agora.
A concelleira de Igualdade, Pilar Armada, está traballando na preparación da programación completa de actividades que haberá ese día, para o cal se reunirá coas asociacións de mulleres que hai no municipio, e explicou: “todos os anos celebramos diferentes actos para seguir poñendo o foco de atención na loita contra a discriminación e na consecución dunha igualdade real entre homes e mulleres”.