O Concello de Cervo e o club Limosa Surf, de San Ciprián, organizan o IX open masculino e feminino de Surf en mangas de clásicos Macguiver na praia de Limosa, de Lieiro, este domingo 28 de agosto. Este evento deportivo foi presentado pola concelleira de Cultura, Dolores García Caramés; o edil de Deportes, José Ramón Soto Martínez; e o representante do club Limosa Fran Hood.
O concelleiro de Deportes explicou que “esta actividade de surf, que se ven celebrando en San Ciprián durante os últimos nove anos de xeito consecutivo, conta con unha gran animación e participación. As actividades darán comezo as 11:00 horas coa inscrición, na que se prevén asistentes de diferentes lugares de Asturias e Galicia ademais dos propios da Mariña luguesa, para rematar sobre as 18:30 horas. Aparte da propia competición, o club Limosa Surf impartirá a partir das catro da tarde prácticas de iniciación para os nenos de xeito gratuíto. Durante a celebración do evento tanto os participantes como os espectadores poderemos gozar de música ambiental ofrecida por Disyeis”.