O Concello de Barreiros organiza dous obradoiros de relaxación e concentración para nen@s e adultos entre outubro e maio.

O Concello de Barreiros organiza dous obradoiros de relaxación e concentración para nen@s e adultos entre outubro e maio.
 
O Concello organiza, a través da Concellaría de Cultura e da Oficina de Información Xuvenil, dous obradoiros entre outubro e maio sobre técnicas de relaxación, respiración e concentración. Haberá dous cursos, un para adultos e outro para nenos de entre 6 e 12 anos. Ambos terán lugar no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
O obradoiro de técnicas de relaxación, respiración e concentración para adultos desenvolverase entre outubro e maio os luns e os venres de 10:30 a 11:30 horas.
No caso do obradoiro de relaxación e concentración, destinado a nen@s de 6 a 12 anos, dará comezo o 21 de outubro e rematará o 31 de maio. Será impartido os mércores de 17:15 a 18:15 horas. 
As prazas son limitadas e a inscrición debe facerse na Oficina de Información Xuvenil e na Biblioteca Municipal. 
Na actividade colabora a Xunta de Galicia a través da Dirección  Xeral de Xuventude.