O centro sociocomunitario de Mondoñedo ofrece zumba e baile moderno nunha xornada de portas abertas o vindeiro 23 de novembro.

O centro sociocomunitario de Mondoñedo ofrece zumba e baile moderno nunha xornada de portas abertas o vindeiro 23 de novembro.
 
Os concelleiros de Servizos Sociais, Deportes e Xuventude, Ángeles Rodríguez, Manuel Tapia e Alberto García, respectivamente,  e a directora do Centro Sociocomunitario, Mari Carmen Casasnovas, presentaron hoxe unha serie de actividades que de desenvolverán nunha xornada de portas abertas que terá lugar no Centro Sociocomunitario da localidade, o vindeiro luns 23 de novembro.
As exhibicións serán de zumba e baile moderno. A primeira delas ofertarase en horario de 16:30 a 17:30 horas, mentres que entre as 17:45 e ás 18:45 horas será a de baile moderno. A xornada é gratuíta, e servirá de aliciente a todos os que queiran apuntarse a estas actividades, que ofrecerá o Concello de Mondoñedo a partir do mes de xaneiro, no Centro Sociocomunitario e na Casa da Xuventude. 
 
Actividades que ofrecerá o Concello a partir de xaneiro
O custe destas actividades, que ofrecerá o Concello a partir de xaneiro, dependerá do número de inscritos e a intención é a de que as actividades teñan un horario flexible, "o mais axeitado tamén para a xente que traballa, de xeito que ninguén se quede sen poder desfrutar delas" salientou Alberto García, concelleiro de Xuventude.  Mentres que o edil de Deportes destacou as características desta iniciativa e o beneficio que teñen para os veciños ao tempo que incidiu no seu cariz “saudable”. Pola súa banda, a edil de Benestar anunciou que estas actividades poderanse completar con clases de pilates, se así o solicitan os interesados. Para mais información, os interesados poden chamar ao Centro Sociocomunitario de Mondoñedo a través do número de teléfono 982 507 186.