O CD Burela FS Pescados Rubén recibirá a selección de Vietnam o mércores 23 de setembro para disputar un amigable benéfico a favor da Asociación DEBRA-Piel de Mariposa. Francisco Muñoz e Sofía Méndez representaron o colectivo no acto de presentación que acolleu a sede laranxa xunto ao presidente do club mariñan, Manuel Blanco, o seleccionador do combinado asiático, Bruno García, e o concelleiro de Deportes de Burela, Ramiro Fernández.
Vista Alegre abrirá as súas portas para gozar da cita a partir das 20.30 horas, cuxa recadación será destinada á Asociación de Epidermólise Bullosa de España, con donativo de 2 euros como entrada.
Aquelas persoas que non poidan asistir tamén poderán colaborar co colectivo facendo as súas achegas en:
ASOC. EPIDERMÓLISE BULLOSA DE ESPAÑA
IBAN: ES35 0081 0244 1100 0185 4991
BIC: BSAB ESBB
Grazas a que DEBRA España é unha entidade declarada de utilidade pública, todas as colaboracións e donativos realizados son susceptibles de vantaxes fiscais.