O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acollerá o concerto infantil que ofrecerá Pitusa Semifusa o día 4 de marzo ás 18:00 horas.
Con instrumentos de xoguete Xiana Lastra, caracterizada de Pitusa Semifusa, Olga Brañas como a súa avoa directora de orquestra, e Sergio Tannus como o seu irmán Xabier, van explicándolles aos cativos e cativas os aspectos dos instrumentos musicais e da familia á que pertencen cada un deles.
Pitusa Semifusa é un espectáculo participativo e teatral pensado para os máis pequenos, con algunha coreografía sinxela coa que pasen un bo rato achegándose á música.
Este concerto está organizado por Agadic e conta coa colaboración do Concello de Viveiro.