
O colectivo Pensamento e Sementeira abre a súa programación cunha charla informativa sobre as abusivas cláusulas chan das hipotecas bancarias.O acto, terá lugar o 3 de febreiro (venres), ás 20:30 horas, na sala da planta baixa da Biblioteca Municipal de Viveiro, na Praza Maior.
O avogado lugués Patricio Viveiro será o encargado de informar sobre este asunto que, “supomos no Colectivo, afecta a moita veciñanza”.
Nos vindeiros días o colectivo viveirés dará a coñecer o resto da programación para este primeiro semestre do ano.