As Xornadas de Historia de Foz, que organiza A Pomba do Arco, desenvolveranse do 31 de xullo ao 3 de agosto.

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, unha nova edición das xornadas de historia de Foz. As conferencias celébranse entre 31 de xullo e 3 de agosto a partir de 20:30 horas. 

O 31 de xullo ás 20:30 Antón Niñe falará do escultor Xosé Rivas e a súa relación con Foz e A Mariña.

O 1 de agosto ás 20:30 Alexandre Vigo falará de San Martiño, Mailoc e o mosteiro Maximum.

O 2 de agosto ás 20:30 Xavier Rivera disertará sobre a II Guerra Mundial na comarca da Mariña.
 
E o 3 de agosto ás 20:30 Alba Díaz falará de motíns e as revoltas na Mariña do século XIX.