O Concello de O Vicedo organiza a XII edición da Ruta de Pinchos que se celebrará os días 26 e 27 de abril e 3 e 4 de maio.
A primeira ruta terá lugar o venres 26 e sábado 27 de abril nos seguintes establecementos: Chiringuito de Abrela, en Suegos, e Restaurante Area Grande e Casa Fanego, en San Román.
Na segunda ruta, que se celebrará o venres 3 e sábado 4 de maio participarán: Cafetería Galatea, Café-Bar San Esteban, La Bodeguita del Puerto, Mesón O Remo e Merendero Los Árboles en Xilloi.
Os locais servirán as súas tapas ao prezo de 2 euros en horario de 20:00 a 23:00 horas.
Haberá Premio ao Mellor Pincho, elixido polo público, e o sorteo de dous xamóns entre tódolos votantes, que serán doados polos establecementos participantes.
A entrega do Premio ao Mellor Pincho e o sorteo dos xamóns terá lugar o 6 de maio ás 18:00 horas na Casa da Cultura de O Vicedo.