Viveiro celebra a Feira da Cervexa Artesá do 1 ao 4 de agosto, dentro da programación das festas patronais

O Concello de Viveiro anunciou a programación completa das Festas Patronais, con numerosas actividades a partir deste xoves, 1 de agosto. Entre os eventos que forman parte desta programación está a Feira da cervexa artesá de Viveiro, o Beer-Veiro Fest, que se desenvolverá entre este xoves e o domingo 4 de agosto nos xardíns Noriega Varela.

Participaron na presentación da Feira da Cervexa Artesá de Viveiro a alcaldesa, María Loureiro, e a concelleira de Cultura, Lara Fernández. "A Feira da Cervexa Artesá será un dos eventos máis sinalados das festas, dando comezo a unha programación moi diversa e para todos os gustos", sinala a rexedora.