Os partidos serán do 26 ao 30 de decembro
O Concello de Viveiro será unha das sedes da primeira fase do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Fútbol Sala nas categorías sub 16 e sub 19 masculinas, un evento que terá lugar do 26 ao 30 de decembro.
“Un evento importante para o noso concello e para toda a comarca da Mariña”, afirma o concelleiro de Deportes, Eleazar José Rodríguez Abuín.
As seleccións galegas mediranse nesta primeira fase aos combinados de Madrid, Cataluña, Canarias e Ceuta.
O pavillón municipal de Viveiro presentará as súas mellores galas para ser testemuña dunha cita de primeiro nivel durante as festas de Nadal.