O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Promoción Económica, anuncia unha charla sobre reclamación dos gastos hipotecarios, actividade organizada pola Unión de Consumidores de Galicia. Terá lugar ás 19:30 horas do luns 4 de marzo na Sala Multiusos do Concello.
O obxectivo da actividade é informar á cidadanía dos importes que poden reclamar e do prazo do que dispoñen, así como da documentación e do procedemento que deben seguir para levar a diante a súa reclamación.
Enmárcase no ciclo de actividades informativas que a UCG puxo en marcha no mes de febreiro para explicar ás persoas que aínda non o fixeron como reclamar os gastos dos préstamos hipotecarios formalizados antes da entrada en vigor da Lei 5/2019, do 15 de marzo, reguladora dos contratos de crédito inmobiliario.