Un ano máis Vilameá xa está preparada para acoller as súas festas na honra á Virxe das Neves e San Roque. Durante a fin de semana do 9 ao 11 de agosto, a parroquia contará con orquestras, djs, churrasco e todo o necesario para pasar uns días marabillosos.
O venres, 9 de agosto, haberá festa co grupo Alma latina e dj Bombardero, pero iso será despois da gran churrascada. Cun prezo de 18 euros para os adultos e de 12 euros para os menores de 12 anos, os asistentes poderán saborear empanada, churrasco, chourizo, postre, bebida e café. Os tíckets poderán recollerse en Orli Lavandera, Sidrería A Mina, Librería Eugenia ou chamando a algún dos membros da comisión nos seguintes números: 686010078 (Mónica), 666746096 (Diego) e 686207135 (Pada).
O sábado, 10 de agosto, a xornada comezará ás 13:30 horas cunha misa solemne seguida de procesión. A continuación, sesión vermú coa orquestra Supertop. Xa pola noite dj Bombardero e a orquestra Supertop amenizarán a verbena.
O domingo, 11 de agosto, ás 13:30 horas misa e procesión, xusto antes de que Javi Show Dúo poña o broche de ouro a esta celebración coa sesión vermú.