Vilamar, en Barreiros, celebrará as festas na honra de San Xulián esta fin de semana, desde o venres 24 ata o domingo 26.
As actividades comezarán o venres 24 ás 21:30 horas cunha “pulpada e churrascada” a partir das 21:30 horas. A continuación haberá festa verbena amenizada polo grupo Lume e Xilo e Carlos Manteiga.
O sábado 25 ás 13:30 horas celebrarase a misa e despois procesión e sesión matinal a cargo do dúo Son de festa. É as 22:30 horas empezará a verbena, que amenizarán as orquestras Metrópolis e Finisterre.
E o domingo 26 desde as 14:00 horas haberá sesión matinal amenizada polo dúo Belinda e a discoteca móbil The Sound Project e sesión vermú longa con degustación de xamón cocido e chourizos gratis.
A organización destaca que contan con amplos aparcamentos e campo cuberto con carpa.