Trabada contará cunha ampla axenda cultural dirixida a todos os públicos durante o Nadal.

O Concello de Trabada organiza diversas actividades durante o Nadal que comezan este venres, 29 de decembro, ás 17:00 horas, coa representación de títeres Cantos contos contas.

A programación continuará o 3 de xaneiro cunha excursión para visitar o belén de Viveiro. Para esta actividade é necesario inscribirse previamente para facer a reserva do autobús que terá a saída ás 16:30 horas da Praza do Concello, e regresará sobre as 21:00 horas. As reservas poden facerse no número de teléfono 982 135 011 ou nas oficinas administrativas municipais.

O 6 de xaneiro ás 21:00 horas o grupo de teatro Pico do Faro, de A Roda, representará a súa obra “É así a vida”.

Ademais dentro do programa Trabada Concilia, dende o pasado 22 de decembro e ata o 5 de xaneiro, celébrase un campamento de Nadal dirixido aos máis pequenos do concello. Ten lugar entre as 10:00 e as 14:00 horas, con diferentes actividades como manualidades de Nadal e talleres de cociña, entre outras.