Tarabela Creativa presentará este domingo, 12 de setembro, en Lourenzá a obra Tabú.
Trátase dunha obra de Carmen Conde con música ao vivo de Nastasia Zürcher. Tabú nace das conversas con mulleres de entre 70 e 95 anos recollidas en Valmiñor, O Morrazo, O Caurel, A Mariña lucense e a Costa da Morte sobre a súa vida erótica e sexual da mocidade.
A representación terá lugar no claustro do Mosteiro de San Salvador, en caso de choiva será no salón de actos con aforo limitado, ás 19:00 horas.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Lourenzá, Xacobeo 21-22 e Xunta de Galicia.