A inauguración das instalacións de Talleres Cardi, servizo oficial Ford, en Ribadeo contou coa presenza de centos de persoas. Entre elas estiveron os responsables do concesionario Ford para a provincia de Lugo, Lugomotor.
Os propietarios de Talleres Cardi, empresa que tamén conta con instalacións en Lourenzá desde o ano 1983, son José Jesús Cancio Mesa e Roberto Díaz Expósito, que agradeceron aos asistentes ao acto a súa presenza porque “fai que non sintamos moi arroupados”.
Roberto Díaz explicou que Talleres Cardi “é un servizo oficial Ford e principalmente centrámonos na venda e reparación de coches. En canto á venda, en principio estamos dedicándonos sobre todo aos vehículos novos de Ford, pero tamén temos de ocasión. En reparación atendemos a calquera tipo de vehículos de todas as marcas, pero é obvio que a nosa marca é Ford e prestamos o servizo de mantemento oficial e garantías, todo o que sexa relacionado coa marca”.
Díaz Expósito comentou tamén que Talleres Cardi “é unha empresa que se creou no ano 1983 en Lourenzá e levamos dende aquela co servizo Ford. Somos coñecidos, creo que en toda A Mariña, e agora, coa apertura da de Ribadeo, temos dúas sedes, de feito as reparacións de chapa e pintura vanse realizar todas no taller de Lourenzá. É unha aposta moi grande por parte nosa porque crear unha empresa é difícil. Temos catro novos traballadores e as nosas expectativas son contratar algún máis. Economicamente podemos andar sobre os 300.000 euros de investimento para poñer en marcha as instalacións de Ribadeo”.