San Ciprián acollerá unha homenaxe aos Dire Straits o 16 de xullo

O vindeiro martes, 16 de xullo, ás 23:30 horas, os amantes da música están convidados a gozar dun espectáculo único na Praza dos Campos, en San Ciprián, nun evento especial dentro da programación do Carme, celebrarase un tributo á banda Dire Straits.

Os asistentes poderán revivir os grandes éxitos que marcaron a traxectoria desta formación nunha homenaxe ao seu líder, Mark Knopfler.

A entrada é libre e aberta ao público en xeral. Esta é unha oportunidade única para gozar de boa música nun lugar marabilloso. “Non perdas a ocasión de asistir a este gran evento”, animan desde o Concello de Cervo.