A Sala Bahía, de Foz, acollerá este domingo, 14 de xaneiro, unha representación teatral para bebés -de 6 meses a 4 anos- en dous pases: ás 11:30 e ás 12:30 horas. Correrá a cargo da compañía Trémola Teatro, que ofrecerá o espectáculo titulado “Que animaliño é?”.
É unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor. A través de diferentes elementos sensoriais (bolas de la, burbullas de xabón, confeti, instrumentos, sons, …) os máis pequenos da casa gozarán desta emocionante aventura.
Os prezos das entradas son: xeral, 3 euros; e infantil, 2 euros.
É unha actividade incluída na programación cultural do Concello de Foz.