Ribadeo acolle este sábado, 26 de abril, unha xornada de portas abertas de kung fu

Ribadeo acollerá este sábado, día 26 de abril, unha xornada de portas abertas de Kung Fu. Será no pavillón da rúa Alfredo Deaño.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, indicou que “a xornada de portas abertas de Kung Fu terá lugar de 10:30 a 13:00 horas e será impartida por Héctor Peña Díaz, que é 3º duan de Kung Fu – Taijiquan RFEK e DA e 3º duan de Kung Fu – Qi Gong RFEK e DA. E de 13 a 13:30 horas haberá unha exhibición de Tai Chi”.

O edil ribadense contou que “o temario que se abordará para quentamento será Chi Kung de acondicionamento xeral; para principiantes, movementos básicos; e para avanzados, forma de pau de cella de Tai Chi estilo Chen”.

Silvent anima “os amantes desta disciplina deportiva a achegarse o vindeiro sábado ao pavillón da rúa Alfredo Deaño”.

As persoas interesadas en participar poden obter máis información chamando ao teléfono 644.03.68.62.

Na organización do evento colaboran a Federación Galega de Kárate, a Xunta de Galicia, Kung Fu FGK e DA, Kung Fu RFEK e o Concello de Ribadeo.

A xornada de portas abertas de Kung Fu foi presentada por Francisco José Silvent, Héctor Peña e Iván López.