Remata o Mes da Maxia con ceas e actuacións o 30 de novembro e o 1 de decembro en Viveiro, Cervo, Alfoz e Ribadeo.

Esta fin de semana, os días 30 de novembro e 1 de decembro, remata o Mes da Maxia, que organiza a Mancomunidade de Municipios da Mariña. En varios locais hostaleiros mariñáns de Viveiro, Cervo, Alfoz e Ribadeo haberá cenas cheas de boa gastronomía e ilusión.   

Esta quinta fin de semana do Mes da Maxia 2018 segue este venres, 30 de novembro, en As Sirenas, en Viveiro, coa presenza do Mago Teto; e no Almacén, en Cervo, estará o Mago Rafa. Finalmente o 1 de decembro o Mago Teto levará a maxia a Casa Franco, en Alfoz; e o Mago Rafa ofrecerá unha actuación no Parador de Turismo de Ribadeo. 

O sétimo Mes da Maxia desenvolveuse desde o pasado 2 de novembro. Na iniciativa, que xa está consolidada no outono mariñán, participaron os Magos Joge, Paredes, Rafa, Kiko, Teto e Pi. E os locais que acolleron as súas actuacións foron: O Noso Lar, O Asador, Vila do Val, Casa Damián, Buenavista, A Marquesa, Casa do Fidalgo, A Garita, Casa Franco, Mis en Plas, Rincón do Mis, O Cabazo, A Yenka, Texturas Galegas, A Penela, Area Grande, O Almacén, As Sirenas e Parador de Turismo de Ribadeo. 

Na páxina web www.mesdamaxia.com atópase toda a información necesaria para disfrutar desta última fin de semana de maxia na comarca. 

O sétimo Mes da Maxia foi organizado pola Mancomunidade de Municipios da Mariña no marco do convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. 

A Mancomunidade agradece a participación dos locais hostaleiros e dos magos nesta cita, así como tamén a todas as persoas que estas fins de semana se achegaron a gozar desta combinación de gastronomía e maxia, que o que persegue é ser unha oferta de interese para que a xente se achegue á Mariña nesta época do ano.