O Concello de Cervo e a asociación Amigos da Troula organiza un ano máis o Festival de Sargadelos, que se celebrará o 23, 24 e 25 de xullo. Ademais, haberá gastronomía -serviranse espetadas mouras, deporte -co trail e andaina programados para o domingo-; e moita máis música e sorpresas.
A cita foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, pola edil de Cultura Dolores García Caramés, o concelleiro de Deportes, David Rodríguez, e por unha representación da asociación Amigos da Troula, colaboradores do Festival.
O festival comezará o sábado 23 de xullo á tardiña cunha Foliada Tradicional. O domingo será o Día Grande, que comezará con deporte da man do II Trail de Sargadelos e da Andaina. Partirán ás 9:00h e ás 9:30h respectivamente, as persoas interesadas en inscribirse poden facelo no seguinte enlace https://ccnorte.com/.../id/2371/ii-trail-de-sargadelos-2022.
A continuación, todas as persoas visitantes poderán degustar espetadas mouras no campo da festa. Xa pola tarde, desde as 18:00h, dará comezo o festival propiamente dito, da man de XMaseda65, para seguir con @cachas & cousins, Joni Ramos & Sunday Morning Club, Gin Toni´s e rematar coa guinda do pastel: King África. Despois amenizará a Disco Móvil Conxuro. Xa na xornada do luns, a sesión vermú correrá a cargo do grupo JB Son.
Villares quixo felicitar "a este grupo de mozos polo esforzo realizado para sacar adiante este festival que se fusiona á perfección coa contorna excepcional de Sargadelos no que se desenvolve; e convidou a veciños e visitantes a desfrutar dunha fin de semana única repleta de actividades para desfrutar en familia en con amigos".