As persoas agraciadas no sorteo da campaña da Volta ao Cole de Acisa Ribadeo teñen ata o 27 de setembro para recoller os seus premios

Acisa Ribadeo sorteou esta mañá os premios da campaña da Volta ao Cole. Trátase dun colgante exclusivo de prata de lei con madreperla, un reloxo Time Force e 100 euros en vales e compra para gastar nos establecementos asociados. 

Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “na maña de hoxe realizamos o sorteo non presencial nas nosas oficinas dos premios da campaña da Volta ao Cole. Os números agraciados son o 1.116, entregado en Os Irmandiños e que corresponde ao premio dun colgante de prata de lei exclusivo con madreperla cortesía de Galería Terra Branca; o 2.791 que foi entregado en Hola Ola e que corresponde ao reloxo Time Force modelo Status Chrono, valorado en 300 euros, doado por Xoiería Azabache; e o 868 que foi entregado en Kids & Us, valorado en 100 euros en vales de compra”.

Pérez Prada dixo que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo fíxose a porta cerrada nas oficinas de Acisa e foi retransmitido en redes sociais, onde se pode consultar o vídeo. O sorteo realizouse mediante un programa de xeración de números aleatorios entre as rifas editadas, que nesta ocasión foron un total de 8.000”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou: “as persoas posuidoras das rifas gañadoras teñen ata o dia 27 de setembro para reclamar os seus premios nas oficinas de Acisa Ribadeo en horario de 09:30 a 14:30 horas”.

Cruzado Iglesias agradeceu “a confianza dos nosos veciños e veciñas por mercar no comercio asociado para a volta ao cole e para a tempada de outono. Agardamos seguir contando co seu apoio. E queremos agradecer especialmente a Azabache e a Terra Branca a súa colaboración”. E lembrou que “ata o 30 de setembro segue activa a campaña da Federación de Comercio, Merca no Teu Comercio, coa a que Acisa colabora. En xogo estarán 50 premios de 200 euros, polas compras que se rexistren nos comercios asociados. E como non a campaña das panchas na que colaboramos desde a nosa asociación co Concello de Ribadeo e na que a dia de hoxe hai preto de 80 negocios adheridos dos que arredor do 70 % son asociados de Acisa”.