Óscar Rosende e a súa banda tributo a Dire Straits ofrecerán un concerto gratuíto o 28 de decembro en Xove

Óscar Rosende e a súa banda Great Straits tocarán o 28 de decembro no pavillón de deportes de Xove con entrada gratuíta. O concerto está promovido polo Concello co apoio da Xunta. 

O músico coruñés estivo hoxe na Delegación Territorial do Goberno galego para presentar o concerto xunto co delegado territorial, Javier Arias, e o alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro. A actuación comezará ás 22,30 horas.

O grupo levará á Mariña o espectáculo The great songs of Dire Straits, no que renden homenaxe á mítica banda británica intepretando os seus grandes éxitos. 

A banda recalará en Xove no medio dunha xira na que teñen anunciados para o vindeiro ano grandes concertos con entradas xa á venda en cidades como Pamplona, Lisboa, Vigo, Ourense, A Coruña, Madrid, Barcelona ou Bilbao. 

Con máis de 300 concertos ás súas costas por cidades de toda España e a nivel internacional en Alemania, Luxemburgo, Francia ou Portugal, Rosende gañou unha reputación irrefutable como un dos máis valorados intérpretes da obra de Dire Straits.