O Concello editou un novo calendario este ano no que se recollen lugares significativos de Xove. A base do calendario son fotografías que recorren todo o término municipal: costa, interior, monte…
Para elaboración do calendario contouse cunha serie de fotografías realizadas por fotógrafos de Xove e de fóra de Xove. Por iso, dende o Concello, queremos darlles as grazas a todos eles por todas estas aportacións.
Pois ben, a presentación deste calendario realizouse coa presenza do alcalde Demetrio Salgueiro, a concelleira de cultura Dolores Meitín e a encargada da elaboración do calendario Lucía Sánchez.
Como ven sendo tradicional, o Concello realiza unha distribución do mesmo polas casas de tódolos veciños.