
A Asociación Os Sendeiros de Foz, coa colaboración do Concello focego, organiza o vindeiro sábado, 6 de agosto, unha andaina de verán, que será unha variante da ruta do río Ouro, en Fazouro.
A saída será as 9:00h na área recreativa da Ponte de Ferro en Fazouro. A ruta é de dificultade media e recomendase levar equipo de sendeirismo.
Terá un prezo de 4€ para os non federados e gratis para os federados. As persoas interesadas en anotarse poderán facelo chamando aos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou mandando un correo a ossendeiros@yahoo.es, teñen de prazo ata o venres, 5 de agosto.