A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta polo municipio asturiano de Villanueva de Oscos o domingo 6 de novembro. Trátase da ruta PR 241 Senda Verde del Agüeira. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Esta actividade inclúe o xantar e os prezos son: 35 euros para socios federados, 39 euros para socios non federados e 43 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 2 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.