![](https://www.faroocionorte.com/sites/default/files/styles/juicebox_medium/public/fotos-noticias/2018/current-datecustomm/reisvala2.jpg?itok=7iKNJZ9j)
O Concello de O Valadouro, a través da súa Concellería de Cultura, continúa este mércores, día 3, coas súas actividades de Nadal coa actuación de Os Ghazafelhos que presenta a obra de teatro infantil Iriña Bailarina. Esta representación terá lugar a partir das 12:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura. Neste caso está organizada pola Deputación Provincial de Lugo.
E o venres 5, ás 19:30 horas, do parque Concepción Arenal sairá a Cabalgata de Reis que percorrerá as rúas de Ferreira. Posteriormente terá lugar a recepción e ofrenda ao belén vivinte da Casa da Cultura de O Valadouro. Ao remate servirase un chocolate a todos os asistentes.